Onde se fixo?
Balneario de Arnoia
A auga é a auténtica protagonista en Arnoia. O río que a atravesa a localidade da nome ao concello, e por tanto, ao balneario. A súa idílica localización rodeado de natureza, faino un lugar único e especial. As súas augas sulfurado-sódicas, bicarbonatadas e magnésicas son excelentes para algúns problemas cutáneos como a dermatite e outras doenzas como a artrite ou a fibromialxia.
As súas modernas instalacións e a súa proximidade a outros municipios da provincia fano un lugar perfecto para escapar do estrés e gozar de descanso e lecer en partes iguais.
Atréveste a vivir a experiencia termal que mereces?
“A atmosfera deste lugar case segredo permite gozar do tempo. As súas augas con capacidade desoxidante teñen tamén efectos estéticos”
NIEVES ÁLVAREZ
“Percorrendo o río Miño, recordei unha frase dun dos meus filmes favoritos: <<A vida é coma un río. Ti non podes tocar a mesma auga dúas veces, porque a corrente que xa pasou non volverá a pasar. Goza de cada momento da túa vida>>”
NIEVES ÁLVAREZ
Ecobarco do Ribeiro
Este barco eléctrico 100% respectuoso co medio ambiente percorre un dos tramos máis interesantes do río Miño. Nesta ruta, o patrimonio histórico e natural danse a man durante un percorrido dunha hora e media. Descubre a orixe da segunda D.O. de viño máis antiga de España nun entorno incomparable, onde a flora e a fauna da ribeira do río Miño deixarache sen palabras.
Goza desta experiencia única!

Termas de Outariz
Coa cultura zen e a relaxación coma premisa, estas termas son unhas das máis coñecidas de todo Ourense. As súas augas de mineralización débil, bicarbonatadas, sódicas, fluoradas, líticas e sulfuradas son perfectas para tratar dores musculares, problemas de pel, reuma, artrite ou estrés.
As súas instalación contan cun completo spa que ofrecer diferentes tratamentos, cafetería e sushi bar, para que goces dunha experiencia galaico-xaponesa completa.
Reláxate neste paraíso de entorno incomparable.
“Nestas termas, manan augas termais da ribeira do río. No lugar onde brotan, coinciden con fermosos paisaxes”
NIEVES ÁLVAREZ
“Segundo a tradición, se un se baña unha vez, o seu aspecto embelece. Se o fai dúas, curarase de todo tipo de enfermidades. Desde tempos antigos, estes efectos prodúcense sen excepción algunha”
NIEVES ÁLVAREZ
Termas de Prexigueiro
Este espazo termal mestura o mellor das termas galegas e as xaponesas, creando un espazo único e perfecto para desconectar. As súas augas bicarbonatadas-sódicas, fluoradas, hipertermais, silicatadas, sulfuradas e sulfurosas son perfectas para tratar problemas dermatolóxicos, reumáticos ou de lumbalxia.
Ademais das súas impresionantes e coñecidas termas externas, tamén conta cun moderno spa no que gozar de diferentes tratamentos e un completo circuíto termal.
Descubre este remanso de paz a tan só 5 quilómetros de Ribadavia.

Castelo de Monterrei
Denominado “a maior acrópole de Galicia” por multitude de historiadores, o Castelo de Monterrei reúne instalacións modernas (trala súa restauración en 2015) enmarcadas nunha impresionante fortificación con séculos de historia. Situado na fronteira entre España e Portugal, este impresionante Parador, ofréceche unha experiencia única onde sentirás que o tempo non pasa.
Os seus tres recintos amurallados, onde destacan o Palacio dos Condes, a torre da Homenaxe e a torre das Damas, os seus arredores ou a súa coidada oferta gastronómica, fano un lugar único.
Unha parada imprescindible se visitas Ourense!
“Non podemos esquecer quen somos, nin de onde vimos”
NIEVES ÁLVAREZ
“Se tomo a mesma copa de viño nun lugar e día diferente, terá un sabor distinto. Porque esta copa de viño en realidade está viva… Neste lugar, un minuto de viño, é un sorbo de vida”.
NIEVES ÁLVAREZ
Bodegas Gargalo
Esta adega fundada por Roberto Verino, nace da idea de compartir momentos máxicos coa familia ou os amigos a principios dos anos noventa. Cos valores de calidade, transparencia, ética, axilidade, respecto e compromiso, esta adega situada aos pes do Castelo de Monterrei sempre buscou poñer en valor a D.O. Montererei, mostrándoa coma un referente de prestixio entre os viños galegos.
Un lugar para descubrir o sabor de Ourense!

Campamento Romano de Aquis Querquennis
Este campamento militar romano é un dos lugares máis curiosos de toda a provincia ourensá, xa que non sempre está visible para aqueles que o visitan. Situado en Porto Quintela (Bande), na ribeira do río Limia, este incrible xacemento romano encóntrase somerxido na auga do encoro a maior parte do ano, polo que é recomendable visitalo entre os meses de xullo ou agosto e decembro. Porén, non sempre é posible velo, o que o convirte nun lugar aínda máis místico e especial.
A pesar de que o xacemento é de carácter claramente romano, nel atopáronse restos de outras civilizacións. Toda a historia e outras curiosidades deste campamento, poden aprenderse visitando o centro de interpretación Aquae Querquennae-Via Nova, que incluso conta cun museo no seu interior.
Sente a maxia dun entorno único
“As veces para atoparse a un mesmo hai que mirar á historia. Temos un país marabilloso, só temos que crelo”
NIEVES ÁLVAREZ