Saltar ao contido

Nunca Dejes de Soñar

Logo ourense termal

Nieves Álvarez para HOLA: ‘Ourense é un agasallo da natureza, un recuncho secreto de España’

A modelo internacional, Nieves Álvarez, converteuse en imaxe da nova campaña de termalismo de Ourense, que se estreará o próximo mes de outubro. En Hola, falaron con ela sobre os recunchos máis belos desta provincia galega e sobre a súa paixón polas viaxes.

Nieves Álvarez conta para Hola como viviu esta experiencia

O pasado mes xullo, Hola fíxose eco sobre a nova campaña promocional de Ourense. A revista, tivo o pracer de falar coa modelo, empresaria e presentadora para que lles contase un pouco máis sobre os recunchos que a namoraron: «foi todo un descubrimento e un agasallo, a verdade, porque coñecía xa Ourense pero non en profundidade, como tiven a sorte nesta ocasión. Coñecín paraxes que son un agasallo da natureza e son absolutamente descoñecidos. Para min é como un recuncho secreto de España pola súa vexetación, a súa cultura, a súa historia…».

Ademais, falou sobre o privilexio de fotografar en lugares pechados só para para eles: «por exemplo estiven nas termas de Prexigueiro soa, e iso é verdadeiramente un agasallo, ademais o poder das augas termais é magnífico. Tamén na fortaleza de Monterrei, outra paraxe incrible, ou as ruínas romanas de Aquis Querquennis… paraxes que mesmo a nivel de fotografía dábannos moitísimo xogo. Teño o recordo dos paseos polo Miño en «ecobarco», con ese silencio e esa vexetación que parecía que estabamos no Amazonas. Eu dicíalle sempre a Mario Sierra -un dos fotógrafos de moda máis importantes a nivel nacional con quen se gravou a campaña- se é que alí nunca se facía de noite, e é que en Ourense a luz é incrible. Foi unha viaxe dos que lembrarei sempre.»

Non te perdas a entrevista completa realizada por Eva de la Parra na seguinte ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *